Print this page

Implícate 2012

Rate this item
(1 Vote)

O vindeiro 8 de xaneiro, domingo, ás 20.30 h., Implicadas no Desenvolvemento dará saída á súa cita anual coa cultura e a solidariedade no Implícate 2012. O encontro, conducido por Luís Tosar e Yolanda Castaño, terá lugar, unha vez máis, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, sé do Implícate, noite de música e palabra solidaria! desde o ano 2007. O Implícate combina o mellor da música, danza, teatro e literatura feita en Galicia para visibilizar o traballo de Implicadas cun dobre obxectivo, lúdico e tamén de reflexión da sociedade.

Este ano contarase coas actuacións de Eva Veiga, Estevo Creus, Teresa Moure e Carlos Santiago en Literatura; Berrogüetto, Mónica de Nut Trío e Coro da Ra en Música; Mónica García, en Danza; e Isabel Risco e Marta Pazos (& co.) en Teatro.

As entradas pódense adquirir no propio Teatro Principal de Compostela e na billeteira electrónica de NOVAGALICIA (http://entradas.novagaliciabanco.es, venta de entradas, ou no 902 43 44 43) onde se habilitou tamén unha fila cero (entradas 5€) para aquelas persoas que non poidan asistir ao espectáculo, pero desexen facer unha achega económica. A recadación irá, coma sempre, destinada aos proxectos de desenvolvemento de Implicadas na India.