Print this page

Ilustradores de todo o mundo danse cita en Compostela no congreso Ilustramundos

Rate this item
(0 votes)

Do 20 ao 23 de febreiro terá lugar en Compostela o Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade". O congreso, organizado por campUSCulturae, contará coa participación de ilustradores/as de distintos países do mundo, expertos en arte e edición e profesionais da animación e da promoción da lectura. En coincidencia co mesmo inaugurarase a Exposición ilustraMundos, que permanecerá aberta até o 20 de abril na sala de exposicións do Pazo de Fonseca.

O Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade" traerá ata a capital de Galicia a once ilustradores de importancia internacional, como a arxentina Mónica Weiss, a polaca Joanna Domanska, a vasca Elena Odriozola, Fernando Vilela  desde Brasil, a catalana Carme Solé Vendrell, Machiel Braaksma desde os Países Baixos, Piet Grobler de Sudáfrica e 
Kristina Sabaite desde Lituania. A representación galega correrá a cargo de Antonio Seijas, David Pintor e do galegosuízo Marc Taeger.

O Congreso está coordinado por Xosé A. Neira Cruz e por Irene García García. O prazo para remitir comunicacións, vídeo-animacións e proxectos de ilustración está aberto até o día 12 de febreiro e a matrícula do Congreso é aberta e gratuíta até cubrir o límite de prazas. Para poder participar é imprescindible, en calquera caso, a inscrición previa antes do 10 de febreiro.

Máis información: