Print this page

Ignacio Vidal Portabales faise coa XXVI edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

Rate this item
(0 votes)
Ignacio Vidal Ignacio Vidal Foto: Xerais

Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, é a obra gañadora da XXVI edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, que convoca o concello do Grove.

Despois de deliberar, o xurado, composto por Armando Requeixo, Mario Requeira, Ánxela Gracián, Henrique Dacosta -gañador da pasada edición- e Manuel Bragado -en representación da Edicións Xerais de Galicia-, decidiu declarar gañadora da presente edición a obra titulada Lara e Sabela, presentada baixo o lema Aloia.

Esta vixésimo sexta edición foi a que maior participación acadou ata o momento, cun total de vinte orixinais presentados; alén diso, o xurado quixo destacar o considerable incremento na calidade das obras participantes.

O Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta é un certame literario convocado polo Concello do Grove desde 1992 co obxecto de promover a vida e a obra do escritor e xornalista que lle dá nome, veciño desta vila desde a súa máis tenra infancia, axudando asemade á promoción da literatura galega e dos seus autores.

Ignacio Vidal Portabales é profesor na Universidade de Santiago de Compostela.  Como narrador gañou o Premio Blanco Amor con Dióxenes en Dolorida (Xerais). No 2016 publicou, tamén en Xerais O inspector e mais eu.