Print this page

Ideaspropias editorial e Galebook, candidatas nos premios Innova-G 2011

Rate this item
(0 votes)

A editorial viguesa Ideaspropias é candidata en tres categorías da II Edición dos premios Innova-G 2011 con cuatro propostas. Nos mesmos premios Galegobook tamén está presente nunha das categorías.

Organizados pola AGESTIC (Asociación Galega de Empresas de TIC), poden concurrir aos premios as empresas tecnolóxicas galegas, de Internet ou que desenvolvan proxectos/productos/servicios 2.0 ou contidos dixitais. Hai sete categorías e dous premios por categoría: premio dos internautas e premio do xurado. O premio dos internautas é por votación popular das candidaturas e o do xurado otórgao un xurado composto por representantes dos promotores e entidades que apoian os premios.

 

Galebook está nominada na categoría Mellor start-up galega, para empresas galegas creadas despois de 2009 con produtos e/ou servizos basados na innovación e o uso das novas tecnoloxías.

 

Pola súa banda, Ideaspropias editorial está nominada en Mellor aplicación para dispositivos móbiles, Mellor campaña social media e Mellor desenvolvemento 2.0.

O 11 de Outubro de 2011 coñeceranse os premiados polos internautas e polo xurado a través da web oficial.