Print this page

I Encontro da "Nova Fantasía Galega"

Rate this item
(1 Vote)

O Creedence Rock (R/ Manuel Murguía, 32) da Coruña acolle o I encontro da "Nova Fantasía Galega", que dende a cidade herculina percorrerá a xeografía galega ao longo deste ano. Organizado pola editorial Contos Estraños este Encontro reunirá a escritores, editores e lectores para analizar e compartir experiencias deste novo movemento literario que está a xurdir no país.

Nesta ocasión contarase cos escritores: Xosé Duncan, David Botana e Fernando Perez, que falarán aos asistentes sobre agro-terror, fantasía épica e da súa experiencia na escritura.

Unha xornada para gozar da mellor literatura fantástica, terror e Ci-fi en galego. Este sábado 14 de abril a partires das 17.00 h.