Print this page

Hugin e Munin sobrevoan o mercado editorial das traducións

Rate this item
(2 votes)

Hugin e Munin son os nomes dos dous corvos do deus nórdico Odín, que percorrían Midgard para contarlle ao principal dos deuses o que ocorría na terra dos homes. E dende agora os lectores imos asociar o nome de Hugin e Munin a unha nova editorial que ven de se presentar o pasado sábado na galería Sargadelos de Lugo.

Según indican na súa páxina web, Hugin e Munin nace con vontade de introducir no mercado galego unha serie de títulos de literatura estranxeira de prestixio. Centraranse inicialmente nas literaturas inglesa e francesa, as literaturas nórdicas e as literaturas minorizadas. Do mesmo xeito, coidarán moito o deseño do libro como a corrección da escrita.

Amais de atopar os libros nos andeis das librarías, Hugin e Munin porán a dispor do público un réxime de edición común aos clubs ou círculos de lectura, é dicir, sustentado sobre unha base de subscritores que permita a publicación de 8 libros ao ano. Deste xeito, os lectores poderán optar por unha das subscricións recollidos no sitio web da editora.

Hugin e Munin debutan con dous títulos: Servizo de correos de Charles Bukowski e O forasteiro misterioso, de Mark Twain.

Máis información: