Print this page

#hoxeleoen busca os mellores espazos da provincia da Coruña para ler

Rate this item
(0 votes)

A Biblioteca Provincial da Coruña, xunta coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña, organizan o concurso #hoxeleoen: buscando escenarios de lectura. Trátase dunha iniciativa en prol da dinamización e animación á lectura e a difusión do patrimonio paisaxístico e cultural dos concellos da provincia da Coruña. O obxectivo é amosar fotografías que acheguen os lugares da provincia da Coruña onde os lectores gozan dos libros e a lectura durante o verán.

As fotografías deberán ser tomadas dende un lugar da provincia da Coruña, e debe aparecer nelas o libro que se está lendo. As fotografías deben ser compartidas nas redes sociais, mencionando o título do libro, o lugar onde foi tomada a fotografía e a etiqueta do concurso #hoxeleoen.

A participación poderá ser a través de Twitter, Instagram, Facebook ou correo electrónico.

Quen participe a través dunha das redes sociais, ademais deberá remitir un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. coa fotografía participante, o título do libro, o seu nome e apelidos, teléfono, correo electrónico, enderezo postal, lugar e concello da provincia desde o cal participa e nome de usuario da rede social. As persoas que non dispoñan de redes sociais poderán participar remitindo unicamente o mencionado correo electrónico.

O formato da lectura da que están gozando os participantes pode ser calquera: en papel, en lector de libros electrónicos, tableta, ordenador, teléfono… A lectura pode ser un libro, banda deseñada, revista, audiolibro, libro electrónico…

Cada participante pode compartir un máximo de dúas fotografías, cada unha nun lugar diferente e cunha lectura distinta.

O prazo de presentación das fotografías é do 8 de xullo ao 31 de agosto de 2019, ambos os dous incluídos.

Establécese un único premio que se concederá por sorteo entre todas as fotografías participantes. O premio consistirá nunha viaxe cultural a unha capital europea para dúas persoas.

Máis información: