Print this page

Homenaxe a Lois Pereiro no Incio

Rate this item
(0 votes)

O vindeiro sábado 30 de abril terá lugar un acto homenaxe en recordo de Lois Pereiro no Incio. Consistirá nun roteiro entre a casa dos avós paternos, en Reádigos, e a dos avos maternos en Santa Cristiña do Viso, un camiño que o poeta monfortino facía todos os verans de neno.

A homenaxe principiará en Toldaos-Reádigos ás 11.30 h. na estrada da Cruz do Incio a Samos LU-641. Haberá unha primeira lectura de textos de Lereiro onda a casa dos avós paternos. Ás 12.00 h. sairase a pe cara Santa Cristina, cun par de paradas nos soutos (uns 4 km). Lectura no cemiterio de Santa Cristina. Ás 13.00 h. no Campo da festa presentarase o libro-disco de Alexandro González, editado por Zouma cos oito temas compostos en 2008 sobre poemas de Pereiro e actuación de Manu Clavijo. Por cortesía da Asociación Cultural Ouriceira convidarase no Campo da Festa a todos os asistentes a un xantar.

Para os interesados en asistir a organización agradecería que se avisara no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para calcular as necesidades de comida.

Máis información: