Print this page

Homenaxe a Ernesto Guerra da Cal no centenario do seu nacemento

Rate this item
(0 votes)

Neste 2011 celébrase o centenario do nacemento do filólogo, poeta e intelectual ferrolán Ernesto Guerra da Cal. Para conmemorar esta data, esquecida do "santoral" das diferentes administracións galegas, un feixe de organizacións, entre as que atopamos a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, a Agrupaçom Cultural O Facho, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a A Mesa pola Normalización Lingüística, ... organizan o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras Galegas, ás 11.30 h. diante do monumento a Ricardo Carvalho Calero en Santiago de Compostela, unha serie de actos conmemorativos.

Nesta data terá lugar a homenaxe a Ernesto Guerra da Cal. O acto incluirá a lectura de poemas tanto de Guerra da Cal como de Lois Pereiro. Pecharanse os actos coa lectura dun manifesto dirixido á sociedade galega relativo á necesidade de tomar consciencia sobre la situación lingüística e cultural na que vivimos. Tras a homenaxe celebrarase un roteiro de lingua e historia polas rúas de Compostela, onde actuará como guía o profesor André Pena Granha, de participación libre e duración aproximada dunha hora.

Para conmemorar o centenario de Guerra da Cal, a Academia Galega da Lingua Portuguesa preparou un completo portal web con toda a información sobre o autor de Língua e estilo de Eça de Queirós. Pódese consultar dende aquí: http://guerradacal.academiagalega.org