Print this page

Homenaxe a Andrés Torres Queiruga no VI Coloquio Luso-Galaico sobre a Saudade

Rate this item
(0 votes)

As cidades de Vigo, Porto e Lisboa celebran do 24, 25 e 26 de maio  o VI Coloquio Luso-Galaico sobre a Saudade, que este ano contará cunha homenaxe ao escritor e teólogo Andrés Torres Queiruga.

Organizado polo Instituto de filosofia Luso-Brasileira xunto a outras institucións galegas e portuguesas, entre os temas filosóficos que se abordarán nestes IV Coloquios, cabe referir as palestras dedicadas ao ribeirense Torres Queiruga, especialmente a fenomenoloxía da saúdade. Deste xeito, este Coloquio servirá para lle facer unha homenaxe a este gran pensador galego.

Ao longo das tres datas do Coloquio pasarán polas diferentes sedes onde se desenvolverá teólogos, pensadores e escritores portugueses e galegos como Jorge Teixeira da Cunha, Luís G. Soto, Marcelino Agís Villaverde ou Renato Epifânio, entre outros. O propio Andrés Torres Queiruga participará na xornada do sábado 26, ás 11.00 h., que se celebrará no Colexio Apóstolo Santaigo de Vigo.

Máis información: