Print this page

GADISA súmase aos actos de celebración do Día das Letras Galegas

Rate this item
(0 votes)

GADISA conmemora o Día das Letras Galegas achegando un poema de Lois Pereiro a miles de fogares en Galicia a través dun elemento da vida cotián, como as bolsas dos Supermercados Gadis. Tamén impulsará a lectura en lingua galega entre os adultos editando 25.000 exemplares dun orixinal libro que vincula Literatura e Cociña.

A empresa de distribución amosa o seu interese en dar a coñecer textos literarios nun formato diferente repartindo 2 millóns de bolsas dos Supermercados Gadis cunha representación da obra do autor homenaxeado este ano o 17 de maio, Lois Pereiro. O poema elixido para contribuir a recoñecer a obra de Lois Pereiro é Transmigración, nuhna iniciativa que se repite todos os anos. Como novidade no 2011 diferentes Supermercados Gadis de A Coruña, Santiago e Vigo serán esceario da lectura do poema Entre amigos.

Por outra banda, editaranse 25.000 exemplares de Cociñando ao pé da letra, do que son coeditoras a poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. No libro, 21 escritoras e escritores contemporáneos galegos fan unha interpretación das súas receitas de cociña favoritas a través de distintos estilos e xéneros literarios. Contos, poemas e diálogos teatrais no mundo da cociña conflúen en Cociñando ao pé da letra. O libro regalarase en todos os supermercados Gadis de Galicia o 16 de maio ata fin de existencias por calquera importe de compra.