Print this page

Francisco Fernández del Riego, Bo e Xeneroso

Rate this item
(0 votes)

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), en colaboración coa editorial Galaxia, a Fundación Penzol e o concello de Vigo, homenaxeará a Francisco Fernández del Riego co recoñecemento Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.

Este ano chégase á oitava edición do recoñecemento e dedícase á figura de don Paco, que nos deixou o pasado ano, polo seu silencioso e incansábel traballo que mantivo aceso o facho da cultura galega en tempos moi difíciles.

A homenaxe desenvolverase na Casa da Cultura Galega de Vigo a partires das 12.00 h. e contará coas intervencións de Cesáreo Sánchez Iglesias, Mercedes Quexas Zas, Víctor F. Freixanes, Malores Villanueva e Francisco Castro. No transcurso da xornada visionaranse vídeos sobre Francisco Fernández del Riego e entregarase unha placa conmemorativa á familia.