Print this page

Fran Alonso celebra os seus vinte anos na escrita agasallanso aos seus lectores un libro

Rate this item
(0 votes)

Co gallo do 20 aniversario do escritor, xornalista e editor Fran Alonso no mundo da escrita pública, sairán para todos os seus lectores tres libros totalmente de balde en formato .pdf e .epub.

O primeiro deles ten por título Contesta ou disparo. Publicado baixo licenza Creative Commons e acceso libre, Contesta ou disparo é un libro que contén 34 entrevistas breves, rápidas e de aire frívolo, feitas por Fran Alonso en 1991, desde o Diario 16 de Galicia, a 34 persoas da cultura e da política galega, como Isaac Díaz Pardo, Justo Beramendi, Chano Piñeiro, Manuel Forcadela, Miguelanxo Prado, Carlos Casares, Os Diplomáticos de Monte Alto, etc.