Print this page

Finou o xeógrafo e escritor Francisco Xavier Río Barja

Rate this item
(0 votes)

O pasado 5 de xaneiro finou en Canarias mentres se atopaba de vacacións coa súa familia o xeógrafo, investigador e escritor Francisco Xavier Río Barja.

Francisco Xavier Río Barja naceu en Lugo no ano 1919 e estuda Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licencia en 1942 e, posteriormente, en 1953, doutorase en Ciencias Históricas, en Madrid. O seu labor docente desenvolveuse na Facultade de Xeografía, da que foi profesor adxunto durante varios anos e onde foi discípulo e colaborador de Ramón Otero Pedrayo, que naquelas datas era Catedrático de Xeografía.

Forma parte da Real Academia Galega como membro correspondente desde 1962 e como membro numerario desde o 25 de xuño de 1983, data en que leu o discurso de ingreso Interpretación xeográfica da paisaxe compostelana, que foi contestado en nome da institución por Antonio Fraguas Fraguas. Pertence ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que foi director, ao Consello da Cultura Galega, á Academia das Ciencias de Galicia, e ao Instituto Galaico-Miñoto, entre outros.

Os seu labor viuse recoñecido con diferentes distincións entre as que cómpre salientar o Premio Valle Inclán e o Alfredo Brañas do Centro Gallego de Buenos Aires, o Primeiro Premio do Departamento de Seminarios de Lugo, o Premio Ramón Mourente de xornalismo, a Medalla Castelao en 1996, o Premio Trasalba en 1995, ou o Premio das Letras e das Artes 2001.