Print this page

Finou Germán Sánchez Ruipérez, cofundador de Xerais

Rate this item
(0 votes)

O pasado 12 de febreiro finou o editor e mecenas cultural Germán Sánchez Ruipérez á idade de 85 anos. Sánchez Ruipérez foi o fundador e presidente, por máis de corenta anos, do Grupo Anaya e da Fundación que leva o seu nome.

Germán Sánchez Ruipérez nace en 1926 en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca). Fillo de mestra e de libreiro, trasládase a Salamanca para traballar na libraría Cervantes, recen adquirida polo seu pai.

No ano 1958 Sánchez Ruipérez abandona Cervantes para emprender a súa traxectoria como editor independente e funda Anaya, que cos anos converteríase nun dos grandes grupos editoriais do estado, formado por empresas como Alianza Editorial, Vox-Biblograf, Ediciones Cátedra, … Tamén aposta pola creación de editoriais que publican fora do castelán, dese xeito nacen a Editorial Barcanova, en Cataluña, ediciones Haritza en Euskadi e no ano 1979 funda edicións Xerais de Galicia xunto a Xulián Maure e a Camiño Noia.

Sánchez Ruipérez mantivo unha estreita relación con Galicia, a súa dona era de Esgos e pasaron xuntos moitos veráns en Sanxenxo.