Print this page

Ferrol será escenario da expresión máis salvaxe da poesía

Rate this item
(0 votes)

Por quinto ano consecutivo as rúas de Ferrol serán escenario da Semana de Poesía Salvaxe, que terá lugar do 25 ao 28 de abril.

O 25 de abril terá lugar a proclama poética, será ás 18,30 h. no Cantón de Molíns, e contarase coa participación de Víctor M. Díez, Marcos Lorenzo, Guillermo Ferrandez e Karlotti, que serán os encargados de voar a palabra que derá inicio á semana. O mesmo mércores, ás 22,30 h., a Pub Cazadores acollerá unha sesión poética coa intervención dos participantes nesta cita.

Os dias 26 e 27 centrasen as intervencións dos invitados este ano de barricadas en flor. A presenza de Poetas será a proba feacente de que a poesía non se rega con diñeiro.

O xoves, ás 12.30 h., no Mercado da Magdalena, será Felipe Zapico quen dea lectura aos seus poemas rasantes, nomeando a voz do que a mezquindade enmudece. Estará acompañado por Al Vidal e Eli Quartier, así como Karlotti, Victor, Ana Gorría...

Ao longo da mañá as rúas encheranse de palabras encarnadas, sucederanse incursións en calquera dos recunchos e esquinas de esta cidade dos guindastres en extinción.

No Inferniño, ás 18.30 h., jazzsessionpoetica coa participación de todos, tanto os e as poetas invitados como os cidadáns que o desexen.

En Esteiro, ás 19.30 h., terá lugar unha posta en escena por parte de Ana Gorría, dos seus implacables poemas.

Ás 22.30 h., na Sala Super 8, Tiago Gomes e a súa Agência de viagens porannos no camiño compartindo a mais irreverente e indomable das poéticas.

Ao día seguinte, o Mercado de Recemil será escenario dunha nova sesión de poéticas materias, onde arderán os verbos coma se fose o primeiro día do mundo. Alba González será a encargada de tomar a palabra.

E de seguido pasa rúas poético, rematando coa intervención imprevisible dos compoñentes desta cita.

Na Biblioteca Municipal de Ferrol lerá os seus poemas, a partires das 18,30 h., o poeta leonés Víctor M. Dez. Á mesma hora, e na praza de Armas, abrirase un espazo onde a poesía e o poético ocuparán a tarde e o espazo que tarde consente. Este será o lugar para a manifestación poética mais sincera, radical e fermosa. Intervirán todos os poetas participantes na semana, así como todos aqueles que desexen tomar e encarnar a palabra.

Ás 22.30 h. no Pub Carteles sucederanse as lecturas co colofón a festa da palabra mais encarnada que escoitemos, con Pura Salceda, Ana Gorría, Alba Gonzalez, Seran Al Vidal, Eli Quartier, e Tiago e os seus viaxeiros.

O sábado 28, á hora do vermouth está reservado para Carlos Oroza. Esa mesma tarde, no Centro Torente Ballester, participarán todos os e as salvaxes poetas, convidados por Lefre de Caldereta nas actividades postas en marcha ata entrada a noite.

Máis información: