Print this page

Ferrol reivindica a figura de Carvalho Calero en todas as súas dimensións

Rate this item
(0 votes)

Ferrol homenaxea ao profesor Ricardo Carvalho Calero, ilustre escritor, historiador e lingüista nado en Ferrol Vello. O programa está composto por catro palestras e unha homenaxe poético musical no teatro Jofre o 18 de maio. A primeira das palestras, titulada Carvalho: profesor e lingüista, vaise desenvolver hoxe ás 20.00 h. no Ateneo Ferrolán e contará coas intervencións de Xosé Dobarro e Aurora Marco.

As xornadas de homenaxe a Carvalho Calero organizadas polo Concello de Ferrol compóñense de catro palestras en distintos espazos, desde o Ateneo ao Centro Cultural Torrente Ballester, pasando pola Fundación Artabria, ata o remate, cunha xornada lúdico festiva no Teatro Jofre o 18 de maio coa participación de músicos como Xiana Lastra, María Manuela e Alberte Pombo e as voces poéticas de Medos Romero, Fernández Vello, Roi Sanz ou Marcos Abalde.

A homenaxe leva implícita un acordo co respaldo unánime de todos os grupos da corporación de instar á Real Academia Galega adicarlle a Carvalho Calero o Día das Letras Galegas, unha reivindicación que foi desbotada pola RAG tanto para 2017 como para 2018, no que a protagonista será María Victoria Moreno.

 

Programa

5 de abril. 20.00 h. Ateneo Ferrolán.

Palestra Carvalho, o profesor e o lingüista, con Xosé María Dobarro e Aurora Marco.

12 de abril. 20.00 h. Fundaçom Artábria.

Palestra Carvalho: o estudoso da literatura, con Henrique Dacosta.

19 de abril. 20.00 h. Ateneo Ferrolán.

Palestra A acción política de Carvalho, con Bernardo Máiz Vázquez.

26 de abril. 20.00 h. Centro Cultural Torrente Ballester.

Palestra O criador literario, con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.

18 de maio. 20.00 h. Teatro Jofre.

Xornada lúdico festiva con poesía, música e a intervención de María Victoria Carvalho Calero Ramos.