Print this page

Ferrol acolle dende hoxe o ciclo 'As miñas lecturas favoritas'

Rate this item
(0 votes)

A intervención de Víctor F. Freixanes titulada "Catro pés dun banco e unha trabe". (Visión histórica da interrelación dos libros literarios de tódalas culturas e linguas) inaugurará esta tarde o ciclo de conferencias As miñas lecturas favoritas. A lectura: unha porta aberta ao mundo, que contará dende hoxe e todos os xoves ata o 15 de marzo, con prestixiosos nomes da literatura galega (Julia Uceda, Xulio López Valcárcel, Darío Xohán Cabana), do mundo da edición (Víctor F. Freixanes) e o ensino da lingua e da literatura (Ángeles Seoane, Guillermo Fernández, Eva Ocampo...) quen, dende unha óptica absolutamente persoal e distendida, pasarán revista as súas lecturas predilectas ou que influíran especialmente na súa traxectoria vital ou profesional.

Os asistentes ao ciclo As miñas lecturas favoritas poderán participar na análise e comentario de obras literarias, asistir a conferencias ilustradas con poemas, recreacións de contos clásicos ou afondar no coñecemento de obras e autores.

Este ciclo está organizado pola UNED-Ferrol e consta de 14 horas lectivas. Os alumnos que desexen certificado acreditativo de asistencia e créditos deberán de pagar unha matrícula de 10 euros. Para o resto de asistentes é de balde.

As miñas lecturas favoritas está coordinado por nx0woé Antonio Ponte Far e terán lugar na Aula UNED Ferrol sita na rúa María 52-54. Todas as conferencias serán dende as 19.30 h. ata as 21.00 h.

Máis información: