Print this page

Fernández Paz e a Coordinadora Glagea de Equipos de Normalización Lingüística reciben o Vidal Bodaño 2011

Rate this item
(0 votes)

O escritor Agustín Fernández Paz e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística recibirán o Premio Roberto Vidal Bodaño 2011, gañardón instituído polas Redes Escarlatas.

O xurado do galardón, formado por Antón Lopo, Sara Cide Cabido, Mariam Ferreira Golpe, Pilar Beiro, Dionísio Pereira, Xabier P. Docampo, e con X.A. Laxe Martiñán como presidente e con X.L. Méndez Ferrín como secretario con voz e sen voto, reuníronse no edificio “López Ferreiro” da Universidade Compostelá. Tras o correspondente debate, resolveuse conceder o premio Vidal Bolaño ao escritor Agustín Fernández Paz e máis á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.

O xurado valorou o feito de que Agustín Fernández Paz representase a dignidade de Galicia coa súa renuncia ao Premio da Cultura Galega da Xunta de Galicia, acto que supón unha censura a unha política determinada. Esa actitude coincide no seu sentido profundo coa actividade dos Equipos de Normalización Lingüística, que, de xeito pertinaz, honesto e lúcido, practican día a día a defensa do galego.