Print this page

Fernando Moreiras faise co Plácido Castro de tradución

Rate this item
(0 votes)

Coincidindo coa xornada do Día Internacional da Tradución, o xurado da décima edición do Premio de Tradución Plácido Castro reuniuse o pasado venres na vila de Cambados, no Pazo de Torrado, sede da Fundación Plácido Castro.

A esta edición concorreron un total de dez obras, resultando gañadora a tradución do Ensaio sobre a crítica de Alexander Pope, da que resultou autor o profesor a Universidade de Vigo, Fernando Moreiras.

O xurado, integrado por representantes da Fundación Plácido Castro, a Asociación de Tradutores Galegos, a Universidade de Vigo, a Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), destacou a excelencia da tradución gañadora así como o feito de tratarse da primeira tradución deste autor ao galego e a gran calidade da reprodución dos esquemas rítmicos da obra orixinal.

Alexander Pope é un dos mellores poetas ingleses do século XXI. O seu Ensaio sobre a Crítica escribiuno aos 23 anos de idade e representou unha significativa achega ao meu literario que o consagrou como un dos maiores referentes do seu tempo.

Fernando Moreiras ten un grande e amplo bagaxe tradutor, súa foi a responsabilidade de verter a nosa lingua a autores como Dan Brown, Philip Pullman ou George Orwell, entre outros. Agora o seu traballo vése refrendado con este galardón.

Moreiras recibirá o premio o vindeiro sábado 8 de outubro na vila de Corcubión, terra natal de Plácido Castro.