Print this page

Fene acolle unha exposición sobre os 25 anos de Pinto&Chinto

Rate this item
(0 votes)

Pinto&Chinto. 25 anos é o título claro e conciso da nova exposición que onte venres inaugurou o Concello de Fene na Casa da Cultura sobre a obra de dous dos maiores referentes do humor gráfico galego. Unha mostra orixinal e sorprendente que constrúe un percorrido sobre a produción gráfica xornalística de Pinto e Chinto –David Pintor e Carlos López- a través dunha reinterpretación da impresión rotativa.

Producida polo Museo do Humor a mostra poderá visitarse ata o vindeiro 31 de decembro.

A partir do venres, e ata o 23 de decembro, a mostra poderá visitarse de luns a venres de 10.00 h. a 13.00 h. e de 16.00 h. a 21.00 h., namentres que os sábados estará a disposición do público de 10.00 h. a 13.00 h.. Ese horario, coincidindo coa época de Nadal, modificarase do 24 ó 31 de decembro, cando estará aberta de luns a venres de 10.00 h. a 14.15 h.

Cunha traxectoria dun cuarto de século no humor gráfico, Pinto&Chinto son un auténtico referente do humor gráfico galego e a súa obra, un testemuño do acontecido en Galicia, España e o mundo nos últimos anos. Un traballo que, sen dúbida, se ten convertido en elemento clave do xornalismo. Agora, o Museo do Humor de Fene brinda ó público unha oportunidade única para achegarse a el.