Print this page

Fallado o XIV Premio de Narración Curta Concello de Curtis

Rate this item
(0 votes)

O  xurado do certame do XIV Premio Narración Curta Concello de Curtis fallou xa os premios destacando o alto nivel dos relatos presentados, así como o récord no número de participantes, 115 de todo o país.

A proposta temática deste ano foi un reto literario no que se convidou á xente a escribir un relato no que tiñan que aparecer vacas, un tren e... zombis!

Os premiados, das dúas categorías, foron:

Categoría A (xente nova)

  • 1º premio de 200 euros para Nee Barros Fernández, de Marín, polo seu relato RE(IN)SURRECCIÓN
  • 2º premio de 100 euros para Alba Guzmán Falcón, de Ourense, polos seu relato RESURRECCIÓN

CATEGORÍA B (xente adulta)

  • 1º premio de 350 euros para Antonio Piñeiro, de Ribeira, polo seu relato ONDE NOS LEVEN
  • 2º premio de 150 euros para Emma Pedreira e Eli Ríos, da Coruña, polo seu relato ZETAVACAS

O xurado estivo formado polo escritor Antonio Manuel Fraga e pola gañadora da edición anterior, Elena Pérez Vázquez, xunto coa coordinadora do certame, Lucía Aldao, con voz e sen voto.

Os galardóns entregaranse o vindeiro venres 7 de xuño.