Print this page

Falece o poeta Manuel Álvarez Torneiro aos 87 anos

Rate this item
(0 votes)
Manuel Álvarez Torneiro Manuel Álvarez Torneiro Foto: AELG

O poeta e xornalista Manuel Álvarez Torneiro faleceu este martes na Coruña aos 87 anos de idade.

Álvarez Torneiro naceu na Coruña no ano 1932. Estudou na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da Coruña e traballou durante moitos anos no eido do xornalismo, vencellado ao diario La Voz de Galicia.

Literariamente pertence á chamada "Xeración das Festas Minervais" e nos anos 50 foi un dos fundadores do grupo "Amanecer". Colaborador en diversos libros colectivos e de revistas como Dorna, Clave Orión ou A Xanela, o seu primeiro libro publicado foi Memoria dun silencio, en Ediciós do Castro, no ano 1982. Logo virían títulos como Rigorosamente humano (Sociedade de Cultura Valle-Inclán), Luz de facer memoria (Deputación da Coruña), Campo segado (Deputación da Coruña) ou Os ángulos da brasa (Faktoría K), que lle valeu múltiples galardóns como o premio Ánxel Casal, premio da Crítica, o premio da AELG ou o premio nacional de poesía. A súa obra más recente é Onde nunca é mañá (Faktoría K), do ano 2014.

No ano 2011 a AELG nomeouno Membro de Honra da Asociación.