Print this page

Falece o escritor e xornalista Ramón Chao

Rate this item
(0 votes)
Ramón Chao visto por Luís Seoane Ramón Chao visto por Luís Seoane

No día de onte faleceu en Barcelona o escritor e xornalista Ramón Chao aos 82 anos.

Ramón Chao naceu en Vilalba e criouse tocando o piano na fonda que rexentaban os pais, onde adoitaban parar, estando de cacería, Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.

En 1956 emigrou a Francia para estudiar piano cunha bolsa que, segundo confesa, lle axudou a conseguir o seu veciño Manuel Fraga. En París, Ramón Chao dirixiu emisións radiofónicas en galego, que serían prohibidas por Franco, e foi correspondente da revista Triunfo. Tamén traballou na prensa e na televisión francesas e foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo goberno de Francia en 1991.

Foi colaborador habitual durante décadas na prensa e na televisión francesa e foi nomeado Cabaleiro das Artes e as Letras polo Goberno de Francia en 1991. Destacou como crítico literario en Le Monde e polas súas colaboracións en Le Monde Diplomatique, publicación mensal dirixida pol xornalista Ignacio Ramonet. Escribiu máis de vinte libros, entre novelas e biografías, como Prisciliano de Compostela (Espiral Maior), A paixón de Carolina Otero (Galaxia) ou O lago de Como (Xerais), por exemplo.

Irmán do teólogo Xosé Chao Rego, finado hai un par de anos, nos últimos días Ramón Chao recibiu homenaxes en Compostela e en Vilalba.