Print this page

Falece o dramaturgo Gustavo Pernas Cora

Rate this item
(0 votes)
Gustavo Pernas Gustavo Pernas Foto: Ollo de Vidro-ACAB

O home de teatro Ramón Pernas faleceu no día de hoxe aos 59 anos. Ao longo da súa carreira, Pernas compatibilizou o seu oficio de produtor, director de escena e actor co de autor teatral.

Nado en Viveiro no ano 1959 Pernas Cora era licenciado en Xeografía e Historia, aínda que dende 1985 dedicouse profesionalmente ao teatro. O seu traballo como dramaturgo foi distinguido a través dos anos con múltiples galardóns e recoñecementos, entre os que cómpre salientar dous Premios Max consecutivos ao Mellor Texto Teatral en Galego por Paso de cebra (2006) e Final de película (2007, ex aequo). Outras das súas obras saíron gañadoras nos Premios María Casares, Premio Rafael Dieste, Premio Álvaro Cunqueiro, Premio Roberto Vidal Bolaño ou Premio Fervenzas Literarias, entre outros certames. Velaí quedan textos xeniais como Footing (Deputación da Coruña), Medidas preventivas (Biblos), Tres logomonos (Laiovento), Isóbaras (Xerais), ou a dúas xa mencionadas de Paso de cebra (Laiovento) e Final de película (Deputaciónda Coruña)entre outros textos.

A súa compañeira Anxela G. Abalo e máis el dirixían a compañía teatral Áncora Producións.