Print this page

Falece con tan só 34 anos o escritor e xornalista Pablo L. Orosa

Rate this item
(0 votes)
Pablo L. Orosa Pablo L. Orosa Foto: Web de Pablo L. Orosa

O escritor e xornalista ocense Pablo López Orosa faleceu con tan só 34 anos este pasado venres na súa casa de Oza dos Ríos.

Segundo informou a Cadena Ser a primeira hora do día de onte, o pasado 31 de outubro Pablo regresou dunha viaxe a Mozambique, hai uns días empezou a sentirse mal e faleceu á última hora da tarde do venres.

Como escritor o pasado ano publicou Fálame do silencio (Xerais), a súa primeira novela, unha reconstrución literaria brillante e intensa daquela Coruña popular de hai medio século, marcada aínda pola escaseza, as necesidades, a guerra e as vidas truncadas.

Pablo publicou reportaxes desde Oriente Próximo, Asia, Centroamérica e África. Colaboraba en Luzes, El País, eldiario.es, La Marea ou Naiz. Gañou no ano 2017 o premio de xornalismo Memorial Joan Gomis polo reportaxe La tregua de los zapatos.