Print this page

Estrea en Vigo de Mundo Lois

Rate this item
(0 votes)

Mundo Lois, ideado por Antón Reixa e dirixido por Lino Braxe, é un espectáculo escénico que ten a finalidade de universalizar non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética de Lois Pereiro, autor homenaxeado co Día das Letras Galegas neste 2011.

Coproducida por Kachet, Nordesía Producións e Filmanova, Mundo Lois estrearase mañá venres no Auditorio Municipal de Vigo ás 22.00 h., dando comezo a unha xira que percorrerá outras cidades galegas como Pontevedra e Santiago de Compostela.

Co fio condutor da súa propia escrita, na voz dun actor, unha actriz e unha ambiciosa escenografía audiovisual que se apoiará nunha intensa e constante banda sonora, Mundo Lois pretende suministrar a calquera espectador profano no coñecemento de Lois Pereiro unha visión fonda, sedutora e interdisciplinar da súa personalidade artística.

Máis información: