Print this page

Ernesto Is faise co Dieste de Teatro cunha obra que leva a figura de María Casares a escena

Rate this item
(0 votes)
Ernesto Is Ernesto Is Foto: Wikipedia

Despois das ondas de Ernesto Is gaña o XVII Premio Rafael Dieste de Teatro. Así o manifestou un xurado composto por Inma López Silva, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Paula Carballeira, Eva F. Ferreira e Manuel Núñez Singala, coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de servizo da área, Mercedes Fernández Albalat como secretaria. A esta edición presentáronse 47 obras.

A obra leva de novo a escena a figura da actriz María Casares, unha das grandes figuras do teatro europeo, nacida na Coruña e exiliada en Francia. O xurado estima que a obra ofrece “moitas posibilidades de representación e gran liberdade na posta en escena”. E destaca tamén que o texto gañador “mestura realidade e ficción e propón unha transformación dramática da realidade”. 

O premio, ademais da cantidade económica establecida nas bases do concurso, conleva a publicación da obra e a posta en escena.

Ernesto Suárez Is (Xixón, 1988) é titulado en arte dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e traballa como profesor de teatro e dramaturgo. En anteriores edicións, gañaron o premio autores e autoras como Roberto Salgueiro, Xosé Pacho e Ze Paredes, Alberto Guede, Santiago Cortegoso, Teresa Moure, Gustavo Pernas, Manuel Lourenzo, Xavier Lama, Xesús Pisón, Raúl Dans, Roberto Vidal e Xesús Pisón.

O Premio Rafael Dieste de Teatroestá organizado pola Deputación da Coruña e nace coa intención de incentivar a creación literaria en lingua galega no campo teatral, que constitúe unha das expresións artísticas con maior incidencia social e en lembranza do xenial escritor e dramaturgo rianxeiro.