Print this page

Emma Pedreira gaña o XLIII Certame Literario do concello de Vilalba

Rate this item
(0 votes)

A poeta coruñesa Emma Pedreira ven de gañar o XLIII Certame Literario do concello de Vilalba polo seu traballo Antídoto. O poemario de Pedreira impúxose por unanimidade do xurado ás outras 55 obras presentadas. O xurado desta edición do Certame Literario do concello de Vilalba estivo formado por Darío Villanueva, Ramón Villares, Fidel Fernán-Vello, Xulio Xiz e José Antonio Pita Paz.

Ademais da cantidade económica establecida nas bases do concurso, Emma Pedreira verá a obra Antídoto publicada na colección de poesía de Alvarellos Editora, encargada nos últimos anos de editar as obras gañadoras.

Emma Pedreira ten unha longa traxectoria nas nosas letras, e no seu haber ten algúns dos premios máis importantes nos eidos da narrativa como da poesía, como o Johán Carballeira, o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Premio Modesto R. Figueiredo, o Manuel Murguía de narracións breves, o Fiz Vergara Vilariño, o Novacaixagalicia, o concello de Carral ou o Gonzalo López Abente, entre outros, aos que agora sumará este veterano certame poético.

O acto de entrega do premio terá lugar o vindeiro 30 de agosto ás 19.30 h. na Casa da Cultura de Vilalba.