Print this page

Eduardo Estévez, Estíbaliz Espinosa e Manuel Darriba participan na V Festa da Palabra

Rate this item
(0 votes)

A Asociación Cultural A pomba do Arco, de Foz, organiza a Festa da Palabra, que neste 2019 chega a súa quinta edición.

A proposta que A Pomba do Arco achega este ano á Festa da Palabra recolle tres espectáculos poéticos que se desenvolverán desde hoxe ata o xoves 28 de novembro na Sala de Exposicións do CENIMA, ás 20.30 h.

A Pomba do Arco é unha asociación-socio cultural preocupada pola posta en valor e difusión da cultura e historia do concello de Foz e as súas xentes coma da comarca da mariña e de Galicia. Dentro da Festa da Palabra que organiza A Pomba do Arco pasaron estes anos poetas como Lois Pérez, Isamel Ramos, Olga Novo, Daniel Salgado, Manuel Rivas, Miriam Ferradáns, Marica Campo, Miguel Sande ou Xavier R. Baixeiras, entre outras.

 

Programa

Martes 26 de novembro. Eduardo Estévez.

Mércores 27 de novembro. Estíbaliz Espinosa.

Xoves 28 de novemrbo. Manuel Darriba.