Print this page

Do saudosismo ao atlantismo, exposición na fundación Vicente Risco

Rate this item
(0 votes)

O pasado sábado inaugurouse a exposición Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco, organizado polo Padroado da Fundación Vicente Risco de Allariz.

Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco pretende achegar ao público, especialmente estudantado galego, a relación intelectual e persoal entre Vicente Risco e os intelectuais portugueses ao longo da década do 1920. Partindo da correspondencia e das dedicatorias de libros, a exposición fai unha aproximación aos movementos culturais portugueses (nomeadamente Renascença Portuguesa e os seus órganos de expresión A Águia e a Seara Nova), facendo fincapé na incidencia do saudosismo na construción do pensamento risquián respecto do atlantismo. Deste xeito a mostra convértese nunha oportunidade para que alumnas e alumnos de centros educativos de Galicia se acheguen ás figuras de ambos os autores, que contribuíron de forma destacada ao enriquecemento das nosas letras.

O acto de inauguración principiou cunha ofrenda floral ao padre Feijoo na Alameda de Allariz que se completou cun recitado de poemas de Teixeira de Pascoaes. Posteriormente, xa na sede da fundación, inaugurouse a exposición cunha conferencia da profesora da Facultade de Letras da Universidade de Porto (Portugal) Luisa Malato, baixo o título A simpatía, do padre Feijoo a Teixeira. O programa da xornada rematou coa presentación da revista A Nova Águia, a cargo dos profesores da Facultade de Letras da Universidade de Porto, Celeste Natârio e Renato Epifânio.

A mostra poderá verse na Fundación Vicente Risco ata o día 27 de maio.