A obra Casa de bonecas, do dramaturgo noruegués Henrik Ibsen en versión de Xoán Carlos Mejuto, inaugura a nova colección de teatro da editorial compostelá Positivas, DiTEATRO.
Esta colección nace para buscar lectores de teatro e serán textos representados e poderán atoparse, entre outros espazos, logo de ver unha función. DiTEATRO quere ser unha colección que destaque o texto, a literatura. O deseño da edición xa indica este obxectivo, case só hai palabra.
A colección presentouse o pasado xoves no centro Ágora da Coruña e dende Positivas indican que se tentará que os libros teñan un prezo medio de 5,00 €.