Print this page

Dispoñibles para a súa consulta os 144 números da Revista Nós

Rate this item
(0 votes)

Un século despois do seu nacemento, a revista Nós recupera os seus materias en formato electrónico para un mellor acceso, acorde coas novas canles de acceso da información. O goberno galego presentou o proxecto polo cal se dixitalizron os 144 números da revista, 100 dos cales xa están preparados e son accesibles desde Galiciana BDG para a súa descarga multicanle.

Ademais da conversión en libro electrónico, tamén se presentou a posta en marcha da nova páxina web revistanos.gal, que recolle todo o universo de Nós permitindo explorar directamente no corpo dos textos da revista, por medio das relacións que se establecen entre os colaboradores na historia da publicación. Deste xeito, a través dun grafo do coñecemento, inclúense os datos das persoas, lugares, institucións e acontecementos históricos que rodearon á revista Nós durante os seus quince anos de vida. Este grafo facilitará a busca de documentos específicos para usuarios non expertos.

Xunto a todo isto, a Biblioteca de Galicia, a través de Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia (BDG), tamén permite a consulta de todos os números que se publicaron da Revista Nós, incluído o último, do que só existen dous exemplares físicos, un deles depositado na Biblioteca da Deputación de Ourense e outro en mans dun particular. De feito, a biblioteca dixital dá acceso ás algo máis de 3.900 páxinas da revista o que reforza a conservación e divulgación deste patrimonio editorial representado por intelectuais da nosa historia recente como Vicente Risco, Castelao ou Otero Pedrayo.

O Goberno galego está a conmemorar esta efeméride cun amplo abano de actividades entre as que destaca a exposición Galicia, de Nós a nós, que reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas procedentes de obras de Galicia, España, Francia, Alemaña e Portugal, que poñen o foco nas conexións internacionais da revista Nós cos seus impulsores poñendo de manifesto a contribución dos valores e principios destes intelectuais na actual cultura galega.

 

Máis información: