Print this page

Deixounos Juan Farias, mestre en soños

Rate this item
(0 votes)

O pasado sábado deixounos un dos grandes autores de literatura infantil. O ferrolán Juan Farias finou na súa casa de Villaviciosa de Odón á idade de 76 anos.

Juan Farias definíase a si mesmo como escritor con posibilidades, ex-mariñeiro, ex-estudiante e viaxeiro, e cos seus libros achegounos o amor do seu mar galego natal. Farias foi unha das figuras chave da literatura infantil e xuvenil estatal dende a segunda metade do século XX. Como escritor distínguese unha primeira etapa dedicado á literatura para adultos, onde recibe galardóns como o Premio de Narrativa Santo Tomás de Aquino, o Premio Ciudad de Oviedo ou queda finalista do Premio Nadal.

O paso á literatura infantil e xuvenil afianza o seu discurso literario e multiplícanse os recoñecementos cara súa obra, como o Premio Nacional de Literatura Infantil, o White Ravens, o Premio Internacional de álbum ilustrado ou o primeiro Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil Ediciones SM. Amais, foi candidato ao Premio Internacional Hans Christian Andersen de Literatura Infantil e Xuvenil.

Guioniza a serie de TVE Crónicas de un pueblo, coa que recibe varios premios e distincións.

Considerado como un dos grandes propulsores do xénero, cun estilo sobrio e cercano á sensibilidade do lector infantil e xuvenil, fai de Juan Farias un escritor que soña mentres escribe, e nos seus soños recoñecémonos nas paisaxes, nas aldeas e nos personaxes.