Print this page

David Pintor inaugura unha mostra da súa obra no hotel Quinta da Auga

Rate this item
(0 votes)

O ilustrador, debuxante e humorista gráfico David Pintor exporá a súa obra gráfica no Hotel A Quinta da Auga (Paseo da Amaía, 23b - Urb. Brandía - Vidán) de Santiago de Compostela. A exposición, que se inaugurará este sábado 14 de maio, estará aberta ata o 14 de xuño. A mostra David Pintor recolle diversas ilustracións, debuxos e pinturas do artista coruñés.

Mentres dure a mostra poñeranse á venta 300 carteis numerados e asinados pol autor. O importe recadado polos carteis así como o 20 % sobre as ventas da exposición entregaranse como aportación de axuda ao Proxecto Home. O día da inauguración David Pintor dedicara persoalmente os que se vendan ese día.