Print this page

Da páxina á grande pantalla

Rate this item
(0 votes)

En vindeiras datas os espectadores de televisión e de cine poderán ver varios filmes baseados en libros galgeos.

Se hai unhas semanas remataba a rodaxe de Si o vello Sinbad volvese ás illas, de Cunqueiro, dirixida por Antón Dobao e protagonizado por Xosé Manuel Olveira Pico e Sara Casasnovas, en breve comezará a rodarse Todo é silencio, do director nx0woé Luís Cuerda sobre o libro homónimo de Manuel Rivas. Cuerda volve sobre o autor coruñés tras a rodaxe de A lingua das bolboretas, baseado en tres relatos do libro Que me queres, amor?.

O éxito da novela negra galega dos últimos anos tamén terá o seu reflexo na pantalla grande. Leo Caldas e Frank Soutelo, de Domingo Villar e Miguel Anxo Fernández, respectivamente, protagonizarán as súas aventuras e casos sen resolver no cine.

A obra senlleira de Eduardo Blanco Amor, A esmorga, comezará a súa rodaxe no vindeiro ano da man de Ignacio Villar, autor da magnífica Pradolongo. Pola outra banda, o director salmantino nx0woé Luis García Sánchez será o encargado de levar ao cine Sete palabras, de Suso de Toro.

A mellor literatura galega en formato grande.