Print this page

Culturgal celebrarase novamente este ano e en Pontevedra

Rate this item
(0 votes)

Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal, anunciou que Culturgal 2011 se celebrará de novo en Pontevedra. Despois do éxito de Culturgal 2010, a industria asume de novo a organización da Feira, salientando a unidade do sector e a fortaleza e estabilidade dun evento que conta xa co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais, do Concello de Pontevedra e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Culturgal 2010 acolleu a 67 empresas que contaron con expositor propio dentro do espazo de exhibición, así como un total de 105 actividades culturais realizadas durante os dous días e medio de celebración (no Pazo da Cultura de Pontevedra do 26 ao 28 de novembro). Atendendo a unha clasificación por xéneros, foron 36 os actos relacionados co libro organizados, 26 de música, 17 de audiovisuais, 12 de artes esénicas, 6 de intervención cultural, outras 6 transversais a distintas disciplinas e 2 sobre o sector tecnolóxico. Canto ao número de visitantes, contabilizáronse un total de 14.010 persoas que accederon ao recinto feiral (3.230 o venres, 4.660 o sábado e 6.120 o domingo). Estes cómputos non inclúen a afluencia de participantes nas actividades e foros desenvolvidos fóra do recinto, que congregaron a case 3.500 profesionais.

Xulio Amigo anunciou que “en liña cos obxectivos de estabilidade, solidez, profesionalización e transparencia que promove desde o seu nacemento”, a Asociación Culturgal decidiu abrir un concurso público para a selección dun ou dunha profesional do sector cultural galego que traballe man a man co sector na elaboración dun plan estratéxico para Culturgal e na dirección da Feira das Industrias Culturais. As persoas que queiran participar nesta convocatoria deben preparar un bosquexo de plan estratéxico que non supere os quince folios e envialo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., antes do luns día 4 de abril.