Print this page

Cultura inviste preto de tres millóns e medio de euros para as bibliotecas

Rate this item
(0 votes)

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, compareceu no Parlamento de Galicia para informar sobre os recursos destinados no ano 2011 ás bibliotecas públicas galegas, que este ano chega aos 3,4 millóns de euros.

Con respecto ás accións que se realizarán neste 2011, Varela referiuse ao programa destinado á adquisición de fondos bibliográficos, que está dotado con máis de 1,2 millóns de euros, fronte aos máis de 2 millóns do ano pasado.

Ademais de na adquisición de fondos, en 2011 tamén se destinará unha partida de 200.000 euros a programas de animación á lectura. Deste total, as bibliotecas nodais (dependentes da Consellería de Cultura e xestionadas por ela) recibirán 150.000 euros, mentres que os 50.000 restantes dedicaranse a actividades nas bibliotecas municipais. Outros 100.000 euros investiranse na programación de actividades culturais e un total de 263.500 estarán destinados a bolsas de formación para bibliotecarios.

Para a adquisición de mobiliario destinaranse 553.000 euros para dotar ás bibliotecas municipais e 583.000, ás nodais. Outro capítulo de investimentos destacado é o destinado as novas tecnoloxías e a modernización das bibliotecas, no que se consignan 330.300 euros. A isto hai que sumar outros 100.000 euros para o mantemento da rede e 30.000 euros para a formación online dos bibliotecarios.