Print this page

Cultura e solidaridade este domingo en Compostela con Implícate

Rate this item
(0 votes)

A ONG galega Implicadas/os no Desenvolvemento organiza un ano máis Implícate, noite de música e palabra solidaria, que neste 2011 chega a súa sexta edición. Será o domingo 9 de xaneiro ás 20.30 h. no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Coa finalidade de conseguir fondos para levar a cabo os numerosos proxectos que desenvolven, Implicadas/os no Desenvolvemento organiza unha gala para a cultura e a solidaridade, mesturando literatura, teatro, danza e música. Presentado por Luís Tosar e Yolanda Castaño, contarase coas intervencións, entre outros, de Ánxela Gracían, Lino Braxe, Marcia Campo, Séchu Sende, Quico Cadaval, o Centro Coreográfico Galego, Leilía e moitos máis.

As entradas por anticipado (12 € xeral, 8 € estudantado) estan á venda na billeteira de Caixa Galicia, ben na Internet ou por teléfono no 902 43 44 43, onde tamén está dispoñible unha fila cero (entradas a 5 €). O mesmo domingo poderán adquirirse no propio Teatro Principal.