Print this page

Cristina Ferreiro Real faise co premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

Rate this item
(0 votes)

A lucense Cristina Ferreiro Real é a gañadora da XII edición do premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, que organiza o Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos.

O xurado do premio, formado por Antía Otero, Estevo Creus, Francisco X. Fernández Naval, Francisco Pérez e María Casar, decidiron entregar o premio á obran presentada baixo o lema Abecedario póstumo. Asímesmo, o xurado destacou o número de orixinais presentados e a elevada calidade dos textos, que converten a este premio como un referente no panorama poético galego.

De Abecedario póstumo os membros do xurados subliñaron o seu ritmo, por tratarse dunha peza non compartimentada, na que o lector vai atopar un poema longo que inclúe textos de prosa poética e no que se reflicte a contemporaneidade máis actual. Din deste traballo que se trata, en certa medida, dunha testemuña deste momento histórico, non como denuncia senón como receptora da realidade que vivimos. Trabállanse neste poemario acertadamente os silencios e as pausas, deixando espazos para o lector. O xurado destaca igualmente que hai no libro un latexo de cidade asolagada que entronca co mito das cidades asolagadas e co momento de incerteza e de cambio que vivimos.

Cristina Ferreiro Real gañou no 2006 o Premio de Poesía Concello de Ames con A extinción dos harmónicos e o Premio Francisco Añón no 2007 con Ansiedade e planetas. No 2009 publicou o poemario Desequilibras e caer, na editorial Bubela.