Print this page

Coñécense os finalistas do premios da edición 2010

Rate this item
(0 votes)

O gremio editorial galego celebrará o próximo 12 de marzo ás 20.00 h. a VI Noite da Edición, un evento anual do sector editorial galego no que se reúnen todos aqueles que traballan o día a día da realidade material do libro, a súa produción e a súa edición e na que se entregarán os Premios da Edición correspondentes ao ano 2010. O acto vai ter lugar na Deputación de Lugo.

A Asociación Galega de Editores (AGE) homenaxea no apartado da edición histórica ao que fora director da Editorial Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo, así como ás da dúas editoriais que cumpren o seu XXV aniversario, Ir Indo Edicións e Hércules de Edicións. Os editores nomearán socio de honra ao seu ex presidente Alfonso García Sanmartín.

Superada xa a primeira e a segunda ronda de votacións, os libros pasan á fase do xurado, integrado por Ramón Nicolás, Crítico do suplemento "Culturas" de La Voz de Galicia; Xosé Antonio Perozo, Escritor e editor; Antón Pedreira, Libreiro; Rosario Portela Yáñez, editora e profesora; e María Solar, Escritora e presentadora do programa "Zigzag" de Televisión de Galicia.

Os premios divídense nas seguintes categorías: Premio Ánxel Casal Ficción, Premio Ánxel Casal non ficción, Premio Ánxel Casal Teatro-Poesía, Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil, Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao libro educativo, Premio Lois Tobío ao libro traducido, Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado, Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao mellor autor.

A AGE outorgou o Premio Francisco Fernández del Riego á mellor iniciativa do ámbito do libro a Espazo Lectura.

Os candidatos o Premio Ánxel Casal Ficción son 30 gramos (Alvarellos) de Leonel Moura; Violeta Tamurana (Baía Edicións) de Andrea Maceiras; e Todo é silencio (Xerais) de Manuel Rivas.

Na categoría de Ánxel Casal non ficción os elixidos son Guía secreta da gastronomía de Galicia: Ourense (Alvarellos) de Martín Alvarez; Parir a liberdade: O movemento feminista de Galicia (Alvarellos) de Elvira Fuente Gómez; e Constructores (Kalandraka) de Xulio Gutierrez e Nicolás Fernández.

Os mellores Libros de Poesía ou Teatro do Premio Ánxel Casal son Estremas (Galaxia) de Ana Romaní; De sombras e poemas que son casas (Cumio) de X. María Álvarez Cáccamo; Unha tempada no paraíso (Toxosoutos) de Claudio R. Fer; e dúas obras de Lois Pereiro editadas por Positivas: Poesía última de amor e enfermidade e Poemas.

As candidaturas o Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil son Contos para nenos que dormen deseguida (Kalandraka) de Pinto&Chinto; Taneke a princesa das bruxas (Linteo) de Ana Leyssen; e Tic Tac (Kalandraka) escrita por Marc Taeger.

Os catro seleccionados para pasar a segunda ronda dos Premios Xosefa Iglesias Vilarelle ao Libro Educativo 2010 son Gramática práctica da lingua galega (Baía) de Xoán López Viñas e outros; A sombra dos anacardios (OQO) de Antóm Fortes e Simona Mulazzani; a obra de Héitor Mera Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego (Morgante) e Un xornal na clase de matemáticas (Alvarellos) de Cecilia Alvarellos Casas.

As Candidaturas ós Premios Lois Tobío a tradución do ano son Lóbrego romance, pálida pantasma (El Patito) de Mª Isabel Soto; 30 gramos (Alvarellos) de Ramón Nicolás; Motín na Bounty (Faktoría K) de Carlos Acevedo; a obra de Rafael Salgueiro O libro da Selva (Rinoceronte); e Bilbao-New York-Bilbao (Xerais) de Isaac Xubín.

Os candidatos ós Premios Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado son Guía ilustrada da Galicia invisible (Xerais) ilustrado por Noemí López; a Colección Rodribico de Xosé Tomás e editado por Baía; Contos para nenos que dormen deseguida (Kalandraka) con ilustracións de David Pintor; e unha obra dos alumnos do centro ASPANEX de Vigo e editado por Xerais Quéroche contar un conto.

O Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa no ámbito editorial conta con catro candidatos, Os contos do camiño (OQO), Árbores: As 50 especies máis comúns(versión mobil); Asociación Culturgal, constitución e Redelibros.

Por último os candidatos o Premio X.M.Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano pola súa traxectoria son Xosé Neira Vilas, Pepe Carreiro e Marcos Calveiro.