Print this page

Convócase o V Premio 'Diario Cultural' de Teatro Radiofónico

Rate this item
(0 votes)

Por quinto ano consecutivo o Diario Cultural da Radio Galega e o Centro Dramático Galego, co patrocinio da AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais, organizan unha nova edición do Premio 'Diario Cultural' de Teatro Radiofónico. Baixo o obxectivo de fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico, preténdese estimular a creación de pezas dramáticas contemporáneas e facilitar unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes artísticas na radio.

Como en anos anteriores, as obras seleccionadas polo xurado, emitiranse na Radio Galega e editarase un libro-cd cos textos finalistas. Outorgaranse os Premios do Xurado e da Audiencia, dotados cada un deles con 3.000 euros. A convocatoria para aceptar orixinais rematará o 31 de decembro.

Este premio, que con cinco edicións consolídase como un dos certames máis importante en canto a literatura dramática dentro do panorama galego, foi acadado en convocatorias anteriores por David Rodríguez, Begoña García, Rubén Ruibal e César Candelas e Vanessa Martínez Sotelo.