Print this page

Concurso fotográfico sobre a poesía de Celso Emilio Ferreiro

Rate this item
(0 votes)

A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova e coa Aula Cemit do devandito Concello organizan o I Concurso Fotográfico 2011. Foto Poesía Móbil. Dende o día 01 ata o 31 de outubro de 2011 poderanse enviar fotografías sacadas co móbil que teñan que ver coa temática da Poesía de Celso Emilio Ferreiro.

Coa finalidade de homenaxear ao celanovés Celso Emilio Ferreiro (nas portas da celebración do I Centenario do seu nacemento en 2012) proponse seus poemas nos que os concursantes deberán inspirarse para realizar a captura das imaxes. Estes son: ‘Os meus amigos”, “O meu val”, “O estranxeiro” e “Ourense na lembranza” de Onde o mundo se chama Celanova, “Son un pasmón” de Longa noite de pedra e “Doce outono” de Viaxe ao País dos Ananos.

O prazo de presentación de fotografías será durante todo o mes de outubro. Ao finalizar a recepción, seleccionaranse as imaxes que optarán a un dos tres premios e dous accésit consistentes en diverso material fotográfico aportado por varias entidades colaboradoras da vila de Celanova.

Finalmente, con motivo da colaboración da Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova na organización do ‘Outono fotográfico’ organizado pola Casa de Xuventude de Ourense, organizarase unha mostra con 50 fotografías seleccionadas entre as recibidas que se exporá na Casa dos Poetas ou noutro espazo acondicionado polo Concello de Celanova durante a segunda quincena do mes de novembro.