Print this page

Compostela acolle mañá unha homenaxe a Luisa Villalta no seu quince cabodano

Rate this item
(0 votes)

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, depositario do legado de Luísa Villalta, organiza a xornada de homenaxe Palabra de muller. Lembrando a Luísa Villalta no seu quince cabodano, que se celebrará mañá mércores 6 de marzo, a partir das 16.30 h., no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

Baixo a coordinación do investigador e crítico literario Armando Requeixo, a xornada de homenaxe a Luisa Villata principiará coa inauguración oficial, na que participarán, alén das autoridades, a nai e a irmá da escritora homenaxeada, María Gómez Castro e Susana Villalta Gómez. De seguido haberá unha mesa redonda onde se abordaran diferentes facetas de Villalta, como a poesía, a narradora, ensaísta, dramaturga e a pegada de Luísa Villalta nas novas xeracións. Intervirán nesta mesa Estíbaliz Espinosa, Inma Otero, Inma López Silva e Miriam Ferradáns.

 Ás 18.30 h. recitaranse e leranse textos da homenaxeada. As diferentes actuacións musicais estarán a cargo do Grupo Vocal EntrElas e a violinista Paloma Diago.

Luísa Villalta naceu na Coruña no ano 1957 e finou na mesma cidade o 6 de marzo de 2004. Foi unha escritora, filóloga e música galega. A súa obra abrangueu a poesía, narrativa, ensaio, teatro e o xornalismo. Paralelamente á súa traxectoria como autora, desenvolveu unha intensa actividade cultural e social.

Máis información: