Print this page

Comeza a XXXIV edición da Feira do Libro de Ourense

Rate this item
(0 votes)

Ourense acolle dende hoxe a  trixésimo cuarta edición da Feira do Libro de Ourense, que se desenvolverá ata o sábado 2 de xuño na súa localización habitual na rúa do Paseo. Esta edición contarase coa asistencia de 13 casetas.

Baixo o lema Ler sen fronteiras, inspirado pola escritora María Victoria Moreno, homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, ata Ourense chegarán autoras e autores como Pablo Nogueira, Manuel Uhía, Genaro da Silva, Manuel Miragaia ou Alberto Ramos, entre outros moitos.

Entre as múltiples actividades a realizar, como presentacións e sinaturas de libros, contacontos, obradoiros, etc. dirixidas a todas as idades, de xeito permanente durante a Feira estará a exposición de historia da literatura fantástica, montada por Urco Editora.

A inauguración da Feira do Libro de Ourense terá lugar hoxe ás 20.00 h. e estará a cargo do escritor celanovés Xosé Benito Reza.

O horario da Feira será de 11.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 22.00 h. Todos os libros terán un desconto do 10%.

 

Download attachments: