Print this page

Comeza a 4ª Feira do Libro de Lalín

Rate this item
(0 votes)

Tras as Feiras do Libro de Ferrol e Santiago de Compostela agora tócalle o turno a Lalín quen, tras causar baixa o pasado ano, volve incorporarse ao circuito da grande festa do libro e da lectura.

Como en edicións anteriores, a Feira do Libro de Lalín, que cumpre a súa cuarta edición, desenvolverá as súas actividades na praza da Igrexa da capital dezana que contará, dende hoxe e ata o domingo 15 de maio, cun amplo e variado programa que abarca dende presentacións de libros, sinaturas de autores, obradoiros, monólogos, contacontos, etc.

Contarase coa presenza de autores como Xosé Neira Vilas, Fina Casalderrey, Alberto Vázquez Figueroa, Reyes Monforte ou Carlos Negro. O pregón correrá a cargo da poeta Yolanda Castaño, ás 20.00 h. de hoxe.