Print this page

Comeza a 37ª Feira do Libro de Vigo

Rate this item
(0 votes)

A praza de Compostela de Vigo será un ano máis o lugar de encontro cos libros dende o 1 e ata o 10 de xullo coa celebración da XXXVII Feira do Libro de Vigo. A escritora Iolanda Zúñiga será a encargada da lectura do pregón inaugural ás 19.30 h.

Nesta edición haberá 9 librerías, 6 editoriais, a Biblioteca Central, unha caseta institucional e otra de información. Todas elas abrirán no horario habitual de 11.00 a 14.00 h. e, pola tarde, de 18.00 a 22.00 h. Aplicaranse, como é tradición, o 10% de desconto nas vendas de libros.

Entre os participantes estarán Xosé María Álvarez Cáccamo, Fina Casalderrey, Elena Gallego Abad, Francisco Castro, Agustín Fernández Paz, Antonio García Teijeiro, Xavier Queipo ou Jacobo Fernández Serrano, entre outros.