Print this page

Comeza a 30ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela

Rate this item
(0 votes)

O pasado sábado arrancou unha nova edición da Feira do libro de Santiago de Compostela, que neste ano chega a súa trixésima edición e se celebrará ata o 8 de maio na Alameda compostelá.

O acto inaugural, a cargo da Banda Municipal de Música e da Asociación do Traxe Galego, contou coa lectura do pregón oficial do escritor Diego Ameixeiras, gañador do Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do ano 2010.

Ao longo das diferentes xornadas, os visitantes poderán disfrutar de sinaturas de libros, actividades para escolares, charlas, presentación de libros, recitais poéticos, teatro ou sorteos de libros, entre outras actividades. Entre os convidados a este 30ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela estarán, entre outros, Eva Veiga, Marga do Val, Fran Alonso, Xabier P. Docampo ou Xoán Abeleira, entre outros.

Gálix

Como novidade, este ano preséntase no marco das Feiras do Libro o I Certame Literario Federación de Libreiros-GÁLIX, no que poderán participar cos seus textos de creación literaria todos e todas as asistentes ás Feiras do Libro Galegas. As bases deste concurso poderán ser descargadas do blog de Gálix (http://oblogdegalix.blogspot.com) e estarán dispoñibles tamén en todas as casetas das Feiras do Libro. A entrega de premios terá lugar despois da celebración da última Feira do Libro: a de Monforte, que finaliza o 27 de agosto.

Outra das actividades coordinadas por Gálix co apoio da Federación de Libreiros de Galicia, é a organización dos obradoiros literarios Como nace un personaxe, que serán impartidos a cargo do ilustrador Xosé Tomás nas Feiras do Libro de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.