Print this page

Combarro celebra o III Festival de Poesía ”Fala o Mar“

Rate this item
(0 votes)

O venres e o sábado 5 e 6 de xullo, terá lugar en Combarro (Poio) a terceira edición do festival de poesía “Fala o mar”, organizado pola ACDeM Armadiña e apoiado pola Deputación e o concello de Poio.

O Festival “Fala o mar” principiará ás 18.30 h. coa proxección da peza documental Vértice de versos, dirixida por Carlos Lorenzo. De seguido haberá un recital a cargo de Ricardo Barreiro para rematar esta primeira xornada coa performance na praia do Padrón de Helena Salgueiro.

O sábado pola mañá a poeta Míriam Ferradáns impartirá un obradoiro poético para crianzas. Xa pola tarde recitarán Cynthia Menéndez, Daniel Irimia Yáñez, Lucía Novas, César Souto, Noelia Gómez, Rafa Lobelle e Lois Pérez.

 

Programa completo

Venres 5 de xullo
18.30 h. Fogar Armadiña / Peza documental Vértice de Versos. Proxección e coloquio con Carlos Lorenzo, director
20.30 h. Fogar Armadiña / A+A, DE RICARDO DE BARREIRO. Presentación e recital
22.30 h. Praia do Padrón / NORTEAR. Performance de Helena Salgueiro

Sábado 6 de xullo
11.30 h. Praia do Padrón / SOMOS DE PALABRAS. Obradoiro poético para crianzas con Míriam Ferradáns
20.00 h. Praza de San Roque / VERSO NA ÁNCORA. Recital de Cynthia Menéndez, Daniel Irimia Yáñez e Lucía Novas.
20.45 h. Praza de San Roque / SOMOS DE PALABRAS. Recital
21.30 h. Praza de San Roque / VERSO NA ÁNCORA. Recital de Cesar Souto, Noelia Gómez e Rafa Lobelle
22.30 h. Praza de San Roque / VERSO SOBRE ONDA. Contrarrecital Salvaxe de Lois Pérez