Print this page

Cid Cabido regresa á novela gañando o XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole

Rate this item
(0 votes)
Cid Cabido Cid Cabido Foto: Galipedia

O vigués Xosé Cid Cabido, pola obra Tres pintores, van de gañar o XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, posto en marcha polo Concello de Lugo.

Os xurado, presidido pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, con voz e sen voto, estivo composto pola filóloga, escritora e guionista Carmen Conde; o mestre, dramaturgo, poeta, narrador oral e contador de historias Lois Pérez; e o ensaísta, crítico e editor, director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado.

Aos poucos minutos de coñecer o premio, Bragado, membro do xurado, sinalou na súa conta de twitter sobre Tres pintores: “Volve o evidencialismo: prosa económica, pureza na narracíón e unha ironía mordaz que afonda na amargura. Será un gran regreso de Cid Cabido, si señor!

Tres pintores será a primeira novela de Cid Cabido dende que publicara no ano 2009 Unha historia que non vou contar (Xerais). Como obra gañadora, ademais da cantidade económica establecida nas bases do concurso, será publicada ao longo deste ano por Xerais.